martes, 30 de xuño de 2015

COLABORANDO.


Por segundo ano consecutivo teño  a sorte de participar en "Un proyecto entre todos"; unha fantástica iniciativa creada por Ana, Fini, Mireia,Miren e Noelia. Trátase de  axudarnos ,entre todos os blogues participantes, cando alguén o solicita porque comeza un novo proxecto. Como premio á colaboración agasállannos con este precioso selo de participación activa.
MOITÍSIMAS GRAZAS, CHICAS!!!

Se queredes ver a enorme compilación de enlaces para os diversos proxectos, so tendes que premer na imaxe.

luns, 29 de xuño de 2015

HORA DE LER (VII)

Hoxe rematamos a sección da "Hora de Ler" con Vero, que nos quixo mostrar que sempre hai un libro para cadaquén."El libro que hará que te encanten los libros ¡ Incluso a los que no les gusta leer!" de Françoise Boucher, causou furor na nosa clase; a todos nos chamaba a atención!!!
Xa que chega o verán e as vacacións e temos máis tempo libre podemos gozar da lectura sen ningún tipo de presión. Así é que vos deixo as vosas propias recomendacións lectoras e algún enlace a outras por se vos interesa. Sóavos algunha?


(Clicade en Literatura e despois en a partir de 8 anos, a partir de 10anos ou en Ala Delta Literatura Infantil)

venres, 26 de xuño de 2015

MÁIS ALÓ DAS FRONTEIRAS.


 Imaxe obtida do blogue Con mis hijos.

Este curso os nenos/as de 5º e de 2º(principalmente) sufriron unha perda que viviron cun tanto de anguria.: as súas queridas compis, Sabela e Alicia, trasladáronse a vivir a Francia.Pero eu creo que vos equivocastes no enfoque, chicos/as, nunca hai que pensar no que se perde senon no que se gaña. As nosas amigas vivirán estupendas aventuras, atoparán novos colegas e voltarán á casa para vernos. Todo iso é positivo!!!
 A amizade é un fío transparente e elástico que se estira a calquera lugar onde viaxe o amigo, non ten porque romperse, so temos que coidalo. Para iso (e como prometín) deixo esta ventá aberta á comunicación con elas. Cando queirades contarlles algo, deixade un comentario nesta entrada. Agardo que elas se pasen para escribirvos ( de feito Sabe xa se comunicou polo Cbox). Deixovos a sua foto no lateral dereito para que non teñades que buscar moito.
BOA AVENTURA; CHICAS!!!

xoves, 25 de xuño de 2015

COMO NOS GUSTA A POESÍA!!!

Alá polo mes de abril, a nosa xa amiga Marisa Alonso,  facía un chamamento no seu estupendo blogue Poesía infantil para todo aquel que quixese ilustrar ou recitar algún dos seus poemas. Como me gustou moito a idea, leveina á aula  dentro dos nosos habituais puntos e como unha tarefa voluntaria. Este foi o resultado. (Clicade enriba dos debuxos e iredes ás poesías do blogue).
Noutra entrada ensínovos o recitado.








mércores, 24 de xuño de 2015

FÁBULAS E LENDAS.

Seguimos mostrando o que fixemos ao longo do curso. Nesta ocasión,  inventamos fábulas e recopilamos unhas lendas galegas. A ver se vos gustan!!!

Fábulas e lendas.

More presentations from Anabel

luns, 22 de xuño de 2015

COMO A VIDA MESMA(XXIX) (2014-2015)

Imaxe atopada na rede.
Onte foi o Día Europeo da Música e hoxe clausuramos a nosa sección de reflexión ata o curso que ven. Para festexar ambos acontecementos traivos esta preciosa canción de Magín Blanco pertencente a  "A nena e o grilo nun barquiño". Este  disco-libro de Magín conta coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas e contén moitas actividades creativas e interactivas para nenos/as.                                                         
Con esta canción,titulada "Soñar", quero desexarvos un moi feliz verán a todos/as e...
OGALLÁ SE CUMPRAN TODOS OS VOSOS SOÑOS!!!

domingo, 21 de xuño de 2015

NOVO PROXECTO COLABORATIVO.

Fai dos cursos participamos no "Proyecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes" e no curso pasado no "Proyecto Colaborativo Libros del s XXI para Infantil , Primaria y la ESO". Pois este ano non ía ser menos e así  embarcámonos no "Proyecto Colaborativo II parte del  Quijote con las Tic".
Como neste ano se celebra o catrocentos aniversario da publicación da 2ª parte deste libro mundialmente coñecido, a nosa amiga, Lourdes Giraldo, fai un chamamento para que colaboremos e nos resulte produtivo levar ás aulas este inxenioso fidalgo.
O noso capítulo do libro é o 65 e , aínda que non nos deu tempo a facer moitas cousas, creo que o fundamental  está realizado:  plantamos a semente da curiosidade e lemos as dúas partes adaptadas á primaria.Creamos  esta nube de palabras para expresar o que nos gustaría atopar neste libro universal.

En breve, ensinámosvos o que fixemos.

xoves, 18 de xuño de 2015

XA CHEGOU FINAL DE CURSO.



Fai arredor dun ano que rematamos o curso de cuarto asinando un contrato (Un contatro de por vida) que nos comprometía a escribir un comentario no blogue na entrada que se creara para este fin. Como vedes, eu cumprín a miña parte creando o post , agora tócavos a vós formalizar o prometido. Gustaríame que o fixésedes porque vos apetece facelo, non por obriga; porque recordades con cariño tantas cousas que vivimos xuntos.
Este ano incorpóranse os nenos/as de cuarto deste curso,xa que  forman parte deste blogue e ocupan un "cachiño" do  meu corazón; como todos vós.

mércores, 17 de xuño de 2015

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Este ano o tempo decidiuse a acompañarnos na excursión que realizamos ao Grove, con motivo de celebrar que o curso chega ao seu fin. Foi unha marabillosa viaxe ao camping de Fieitás,onde os nenos/as realizaron actividades de monte e praia.
Xa non vos conto nada máis da viaxe.O mellor será que leades as crónicas para que vos enteredes de como nos foi.

luns, 15 de xuño de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXVIII) (2014-2015)

Hoxe na nosa sección falaremos de lectura que xa que se achega o verán,  non está de máis algunha suxestión.
Fai un tempo, en Docentes para el Fomento de la Lectura, recomendaron o libro "El superzorro" do autor Roald Dahl, que xa foi protagonista dalgunha das nosas entradas ( e dos puntos tamén). Esta é a reseña do libro que publicaron:
Libro del día: El Superzorro, de Roald Dahl.
Un valle, tres granjas, tres malvados granjeros y un bosque. Y en él, don Zorro, tratando de escapar a las trampas de los granjeros. Una vez más Roald Dahl consigue despertar el interés de los jóvenes lectores con esta trama de buenos y malos tan llena de gracia en la que queda demostrado que la bondad no está reñida con el ingenio y que los malos no siempre son los más listos. Una sencilla historia con apariencia de cuento clásico, con animales personificados y una
trama sugerente con personajes cercanos y muy atractivos para el niño.

Pero tamén publicaron o trailer da película que se fixo,  baseada en dito texto, e como o falamos en clase e me dixestes que queriades  velo, aquí vos vai.
Xa me contaredes que vos parece!!!

venres, 12 de xuño de 2015

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL.

O número global de nenos/as en situación de traballo infantil é 168 millóns, dos cales, máis da metade (5 millóns) efectúan traballos de risco. Para concienciar ao mundo deste grave problema e intentar solucionalo a  Organización Internacional do Traballo (OIT) declarou o 12 de xuño como o Día Mundial contra o Traballo Infantil. Se queredes saber máis sobre esta celebración premede na imaxe.
No blogue da nosa amiga Isabel, Recursos para mi clase, aparece este vídeo da campaña de UNICEF para a protección da infancia.
Agradecede haber nacido nun lugar e nunhas familias privilexiadas e poder asistir ao cole para recibir unha educación; outros non tiveron tanta sorte.

xoves, 11 de xuño de 2015

HORA DE LER (VI)

Marcos Lesta optou, na Hora de ler, pola literatura galega máis recente. A obra escollida foi "Correo Urxente" da  artista ferrolá Paula Carballeira. Esta polifacética muller, actriz, escritora e contacontos, proponnos unha historia epistolar; non, non, a historia é culinaria; non, é académica e escolar....mmmmm, o mellor será que  leades vós mesmos o libro e opinedes de que vai esta historia.

"La varita mágica de Brunilda" da australiana Valerie Thomas e ilustrada por Korky Paul, chegou á nosa aula da man de Sheila. Alguén sabe que ocorre cando a variña máxica dunha bruxa vai parar a unha lavadora? Pois se  vos interesa averigualo non tendes máis que indagalo neste entrañable texto.

luns, 8 de xuño de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXVII) (2014-2015).

Agora que chega o final do curso e todos estamos cansos e irritables, cobra máis importancia, se cabe, este vídeo realizado por Julie Bayer Salzman & Josh Salzman que fala de emocións e autocontrol. Todos sentimos e expresamos pero, que pasa cando as emocións son negativas? Tal vez esta gravación nos dea unha pista de como canalizar o que a todos nos pasa algunha vez.

Tradución da descrición orixinal:
"La inspiración para 'Solo respira' vino  hace poco más de un año cuando escuché a mi hijo de 5 años hablando con sus amigos acerca de cómo las emociones afectan diferentes áreas del cerebro, y cómo calmarse tomando algunas respiraciones profundas — cosas que estaban aprendiendo en el jardín infantil de su escuela, "Ciudadanos del Mundo', en Mar Vista, California. Estaba sorprendida y dichosa de ser testigo de cuán significativo estaba siendo el aprendizaje socio-emocional en una escuela primaria en estas mentes tan jóvenes. (...)
Como realizadora, siempre estoy interesada en encontrar un tema digno de ser filmado y sentí que Mindfulness era un concepto que era necesario comunicar visualmente. Por suerte, mi pareja, que es también mi compañero haciendo películas, estuvo de acuerdo. Hicimos "Solo respira" con nuestro hijo, sus compañeros de clase y con sus familiares un sábado en la tarde. El vídeo no tiene guión – lo que los niños dicen está exclusivamente basado en su comprensión neuro-científica de las emociones difíciles, y cómo pueden afrontarlas a través de la respiración y la meditación. Ellos, a su vez, nos enseñan a todos nosotros..."

domingo, 7 de xuño de 2015

FESTA DO DEPORTE ESCOLAR.

Este ano o tempo decidiu acompañarnos para celebrar  a festa do Deporte Escolar 2014-2015. Os anfitrións eran os profes e alumno/as do CEIP A Reigosa (Ponte Caldelas) e recibíronnos na súa marabillosa praia fluvial ( a primeira en Galicia de augas interiores con bandeira azul).Alí, en A Calzada, reunímonos todos os coles participantes para proceder á entrega de medallas. Despois dunha charla- exhibición,  a cargo dun ex-alumno do cole de A Reigosa campión de taekondo, procedeuse ao reparto de copas e medallas. Como todos os anos houbo medallas para todos/as os participantes e copas por idades. Foi unha mañá de reencontro cos compañeiros e convivencia nun precioso enclave. Así é que damos por clausurado o Deporte Escolar!!!

venres, 5 de xuño de 2015

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Imaxe obtida na rede.

Cada 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, que nos recorda  que temos un precioso Planeta en aluguer que debemos deixar nas mellores condicións para os inquilinos que virán. Se tivesémos claro este concepto, tal vez esta data so se utilizase para festexar pero como somos un pouco duros de moleira, temos que utilizala para concienciar. Pois imos alá logo.

Desde o Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado propóñennos varios recursos e enlaces interesantes.
Na páxina de Didactalia tamén nos fan achegas que poden ser  moi produtivas.
Estes 10 mandamentos  sostibles , de vidamasverde.com, resumen o que debemos facer para conseguir o obxectivo ter o mellor dos ambientes.
Recordades a Super familia de Como a vida mesma (XVI) ? Aquí vos queda outra das súas aventuras.

mércores, 3 de xuño de 2015

REPASO DE LENGUA (III).

Continuamos cos nosos repasos. Hoxe comezaremos cos xentilicios.
Na páxina da Junta de Andalucía rétannos a ver se sabemos todos os xentilicios das provincias españolas. Quen se atreve?
Da páxina da Generalitat de Catalunya sacamos esta actividade que é máis internacional.
Atentos/as ás palabras que empezan por hie-,hue-, hui- xa que sempre comenzan con h.Repasámolas con esta actividade de ANAYA do (CEIP Juan Herrera Alcusa).
Da páxina Testeando sacamos os verbos con h-.
A nosa amiga Isabel Piñero, no seu blogue Las TIC en Primaria,ten infinidade de recursos. Vou enlazarvos á entrada que fala sobre os pronomes persoais.
(Recordade chicos/as  que estamos vendo Lengua Castellana e na nosa Lingua Galega temos normas diferentes).

luns, 1 de xuño de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXVI) (2014-2015)

O día 5 de xuño celebraremos o Día Mundial do Medio Ambiente e para ir meténdonos en situación compártovos este simpático vídeo dunha familia normal que fai cousas normais ; ou non tanto. Xulgade vós mesmos!
 
Xa sabedes que hai miles de maneiras de contribuir a coidar o noso Planeta. O aforro enerxético é unha delas. Cales son as que practicades vós? Animádevos a escribilas no post para que todos poidamos poñelas en práctica e así ter un Medio Ambiente máis saudable.