Foto realizada polo profe Toño
Que ten que ter algo para converterse en memorable?Supoño que vai depender de cada un de nós e do que consideremos digno de gardar na nosa memoria. Así é , que non vou poder dar unha definición que se axuste ao conxunto da maioría, pero sabedes que? Tampouco o pretendo. Xa me ides coñecendo e vedes que non son de maiorías, nin do"normal", nin de tantas outras cousas que non entendo ben.
É memorable , para min, todo aquilo que toca o corazón e o fai latexar, o que provoca sentimentos crus que rabuñan a alma,o que aloumiña os sentidos e desafía a mente. Por iso, a tarde de onte foi merecedora dun lugar de honra entre os nosos recordos. Visitáronnos dous mozos, con alma de nenos e a sabedoría recollida dos vellos. Un versa música e o outro, musica versos.
Desde o cole de O Foxo (o dos meus amores como alumna) chegounos Xosé Luna, cargado de bicos de cores, de pinceladas reflexivas e preguntas curiosas.
Desde Cuntis, terma viva e curativa, apareceu un guitarrista con voz de campo e chuvia, con maxia nos dedos e alma no cantar.
Vaia par de secuaces da Lingua , da Identidade e do Amor por Galicia!!!!
GRAZAS RAPACES POR UNHA TARDE MEMORABLE!!!
(Noutra entrada cóntovos o previo e o que deu de si a xornada).