xoves, 31 de outubro de 2013
FELIZ SAMAÍN
domingo, 27 de outubro de 2013
RECURSOS PARA O SAMAÍN
Tedes unha recopilación de materiais para gozar do Samaín (información, cantigas, xogos...)Deixovos a foto no lateral para que ao clicar accedades directamente.
FELIZ SAMAÍN.
venres, 25 de outubro de 2013
CORRESPONDENCIA CO MUNDO DAS FADAS
Paula P, Diana, Brais e Lorena decidíronse a escribirlle a nosa fada Perella e ela tivo a ben contestarlles. Aquí vos deixo o resultado.
mércores, 23 de outubro de 2013
A AVENTURA DO CORPO HUMANO (VI)
Coa chegada ao Tema 3 de Coñecemento do Medio aparece a Reprodución. Aquí vos deixo un vídeo ilustrativo sobre a cuestión.
luns, 21 de outubro de 2013
MISIVA SORPRESA.
Fai uns día tivemos una grata sorpresa. Desde o CEIP Pérez Viondi da Estrada chegounos unha carta dos nenos e nenas de 4º A. Foi moi emocionante e inesperado, pero comprendímolo mellor cando Candela nos leu a mensaxe e soubemos que a súa profe Teresa é amiga da profe Anabel. É máis, a profe Teresa deulle clase á profe Anabel cando ía a ao cole. Asi que xa nos puxemos mans á obra e contestámoslles.
Estamos desexando ter novas súas!!!
domingo, 20 de outubro de 2013
REPASANDO A ORTOGRAFÍA.
A ver que vos parecen estes exercicios para repasar a ortografía. Son de Florentino Sánchez Martín e creo que nos poden ser moi útiles.
xoves, 17 de outubro de 2013
A ESTRAÑA INVITADA (III)
Xa estabamos convencidos de que Arácnida nos abandonara sen dar ningún tipo de explicación cando...Sorpresa!!! Alguén, que estaba moi atento á clase, a viu pendurada do piñeiro que temos fora do cole. Decidira, por mor da chuvia supoñemos, cambiar a súa residencia a un lugar un pouco máis abrigado. Saimos a saudala e fixémoslle unas fotos a súa nova casa.
martes, 15 de outubro de 2013
PERELLA CONTACTANDO
A Fada Perella encantoulle ter noticias nosas e contestoulle á carta a Paula dicindo que pronto habería sorpresas. Cales?
Permanecede atentos!!!
domingo, 13 de outubro de 2013
ONDE QUEDOU O VERÁN?
Para que quede constancia de que o verán foi estupendo presento as vosas crónicas de testemuña.
venres, 11 de outubro de 2013
A AVENTURA DO CORPO HUMANO (V)
Hoxe toca falar do corazón e da circulación do sangue. Preparádevos para unha viaxe intensa!!!
mércores, 9 de outubro de 2013
A ESTRAÑA INVITADA(II)
Aínda que durou pouco a súa estancia(a da araña,digo) nós buscámoslle un nome entre todos.
Aí vai o resultado.
luns, 7 de outubro de 2013
domingo, 6 de outubro de 2013
FADA PERELLA ONDE ESTÁS?
Como deesde o curso pasado non sabíamos nada da Fada Perella, Paula Campos tivo a idea de escribirlle unha carta e... a ver que acontece!!!
sábado, 5 de outubro de 2013
DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES.
Hoxe, día mundial dunha das profesións máis bonitas e importantes do mundo, quero felicitar aos meus compañeiros docentes pola súa labor e dedicación, polo seu bo facer e a súa paciencia, pola súa loita por una educación de calidade frente as adversidades dun mundo que xa non sabe recoñecer o realmente importante. Non quero deixar de lembrar neste día aos meus mestres; Mestres con maiúsculas que me ensinaron gran parte do que sei, que mimaban o académico e o vital, que transmitían ilusión e que contribuiron a formar a persoa que hoxe son.
Tampouco quero esquecer a todos aqueles que pasando pola miña vida me ensinaron algo valioso convertíndose en "Mestres ocasionais".
No voso día, no noso día:
Parabéns e ánimo, a loita é longa, pero sobre todo, GRAZAS.
xoves, 3 de outubro de 2013
NÚMEROS ROMANOS (II)
Xa compartín a información sobre os número romanos nunha entrada anterior.
Agora toca practicar!!!
martes, 1 de outubro de 2013
NÚMEROS ROMANOS.
No primeiro tema de Mates aparecen estes números raros que se escriben con letras. Neste vídeo podedes repasar as normas para compoñelos.Trae alguna cousiña a maiores do que falamos na clase.
Espero que vos sirva!!!