martes, 31 de xullo de 2012

PONTES DO RÍO LÉREZ.


Quería agradecervos a todos e todas a vosa participación na inauguración da exposición que sobre Forcarei fixemos no Concello. Está visto que os traballos colaborativos funcionan.
Deixovos  aquí o que sobre as pontes traballamos: un pps coas fotos tan bonitas que fixeron os meus nenos/as e (na seguinte entrada) as creacións artísticas que realizaron sobre un poema de Xosé Otero Espasandín.
Que vos guste moito!


luns, 30 de xullo de 2012

NOVOS XOGOS.

Que tal vai o verán, meus perelliños?Seguro que estades disfrutando a tope  do tempo de lecer. A fada Perella  deixouvos uns divertimentos  novos en "O nosos xogos",  por  se vos apetece bloguear.
Por certo, se queredes saber o significado do que acabo de chamarvos, xa sabedes...... diccionario!!!
 Non vos apuredes, tédelos no blogue.

mércores, 25 de xullo de 2012

PROXECTO FABA.

Alguén me pode dicir como está a súa faba? Contémoslle a todo o mundo o que fixemos este curso.

venres, 20 de xullo de 2012

OS VERMES DA SEDA

.Durante o curso traballamos o ciclo vital dos vermes da seda desde que son ovos ata que se transforman en bolboretas.Aquí vos deixo o que aprendemos....









mércores, 18 de xullo de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE FORCAREI.


Ola,chicos e chicas!!! Teño grandes novas. O venres 20 inaugúrase no Concello a exposición sobre Forcarei na que están incluídos os vosos traballos. Será as 20:00h e permanecerá aberta, en horario de mañá, do 23 ao 27 de Xullo.

Espero vervos a todos e todas!!!

luns, 16 de xullo de 2012

O NOSO PRIMEIRO LIBRO DE ADIVIÑAS

"O noso primeiro libro de adiviñas"
Preme no libro

Durante este curso traballamos a rima e isto é unha mostra do que conseguimos facer.
Sodes capaces de adiviñar?

venres, 13 de xullo de 2012

RECICLAMOS PAPEL!

Aquí vos deixo unha interesante actividade que realizamos a principio de curso: Reciclado de papel.
Que vos guste!!!

Non esquezades o botón de pantalla completa para non perder detalle (Se pasades o rato pola parte inferior da presentación, aparece á dereita) Disfrutade da música clásica; todo é riqueza.

domingo, 1 de xullo de 2012

SAÍDA POR FORCAREI.

Ola  outra vez.
Teño previsto ofrecervos un pequeno resumo do que fixemos este curso, pero antes gustaríame que vísedes  as crónicas que fixestes sobre a excursión  do curso pasado por Forcarei.
Lembrádesvos? Así poderedes comparar todo o que mellorastes no tempo en moitos aspectos.
Imos botar a vista atrás. Para poder velo mellor premede no cadrado da parte superior dereita "Pantalla completa"