mércores, 8 de febreiro de 2017

UNHA VISITA SORPRESA.


O día 25 de xaneiro aterrou na nosa clase, Ismael Baloira, asesor comercial de Edelvives. É moi común que Ismael se  pase polo cole a falar cos profes pero.... cos nenos e nenas? Pois sí, así foi. O que comezou como unha broma no curso pasado foi tomando forma e materializouse o outro día.
Pasámolo realmente xenial con el, xa que veu a contarnos  o proceso de creación dun libro: desde que un autor ten unha idea ata que chega as nosas mans. Tamén nos falou do seu traballo e agasallounos cuns libriños en branco para escribir nós a historia e uns bolis máxicos que escriben contos.
Nós tamén quixemos ter un detalliño con el e fomos a coincidir no presente.
Aquí vos deixo unhas instantáneas que dan conta do que foi a charla.
Montaxe realizada con PiZap.
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO, ISMAEL!!!
AGARDAMOS NOVAS AVENTURAS!!!

2 comentarios:

  1. Muy bien que los peques sepan sobre la creación de un libro, me agradó el collage de fotos.
    Saludos.

    ResponderEliminar