martes, 29 de noviembre de 2016

XOGOS DE LINGUA CASTELÁ E MATEMÁTICAS(III)

Montaxe realizada con Pizap.
Aquí ven outra remesa de xogos para repasar as Linguas e as Mates. Comezamos!!!
Lingua Castelá.
-Empezaremos cuns cantos xogos de sinónimos do blogue Juegos Educativos Online Gratis, de Antonio López.
-En bromera.com  fálannos de antónimos. Lembrades o que son?
-En Testeando próbannos sobre diminutivos e aumentativos. A ver que tal o facedes!!!
-Educarchile nos propone una carrera de coches con los nombres comunes y propios.

Matemáticas
-Imos comenzar con algo que vos gusta moito, series numéricas. Son de Vedoque e teñen varias opcións diferentes.
- Este cálculo mental tamén o atopei no blogue de Antonio López e solo é apto para valentes. Quen se atreve?
-En Genmagic.org  ofrécennos un xogo para repasar as centenas, decenas e unidades.

viernes, 25 de noviembre de 2016

CELEBRANDO O BO TRATO.

Imaxe atopada na rede.

Non é nada novo contarvos o que me pasa coas datas sinaladas .Como existen no calendario, gústame facerme eco delas e intentar darlle un enfoque máis diario e positivo . Hoxe, 25 de novembro, quero celebrar con vós o BO TRATO. Xa sei  que non é o título oficial do día e que lle estou a dar a volta á tortilla pero... e se esa fose a solución?
Estamos fartos de ver nas noticias  como a xente se trata mal entre si, é violenta e non respecta nin ideas, nin opinións, nin diferenzas. A quen lle gusta que o traten mal? Eu creo que a ninguén. Pois por aí debemos empezar, a tratar aos outros como queremos que nos traten a nós. Solo así nos sentiremos ben con nós mesmos e non deixaremos que outros abusen dos demais. Todos somos iguais, cos mesmos dereitos e cos mesmos deberes.
E como non todo vai ser discursos, deixovos unha recopilación que atopei no blogue  Aventura diminuta , de contos sobre a igualdade de xénero.
A nosa amiga Sandra Luz, no seu blogue, Mi sala amarilla, tamén publicou unha entrada interesantísima sobre o tema. Botádelle un ollo!!!
E para rematar, un vídeo sobre bo trato para nenos do IE Sagrado Corazón (Cusco).
Atopado no canal de Youtube  de Hikaruchan 128.
BO DÍA, BO TRATO!!!

jueves, 24 de noviembre de 2016

PERELLA E A CAZA DO TESOURO.


Pois  a Fada Perella debe estar ben contenta porque recibiu non unha, senon dúas cartas na mesma semana.
Para demostrar a súa alegría,contestounos enseguidiña con sorpresa incluída. Despois da ponte de novembro, atopamos no lugar de sempre unha carta e un mapa.
O mapa era  simbólico, é dicir, contiña imaxes e pistas para atopar unha pequena recompensa. A primeira pista aparecía na carta e despois de darlle varias voltas decidimos que nos levaba a aula de Audición e Linguaxe. Dalí fomos á Biblioteca e rematamos na aula dos Picariños de tres anos. Ollade como nos foi.
Montaxes realizadas con PiZap.
GRAZAS, FADA PERELLA!!!

martes, 22 de noviembre de 2016

CAIXÓN DESASTRE (II)

Montaxe realizado con PiZap.
Aproveitandoa efeméride de hoxe, traemos á nosa sección un pouco de música.  Hoxe, 22 de novembro, festexamos a Sta Icía: patrona da música, dos poetas e dos cegos.
Como din que a música amansa as feras, imos probar con estas dúas horas de música relaxante para nenos/as. Son pezas musicais recentes pero adaptadas a un ritmo lento e calmante. Pezas instrumentais que interpretaron Cher, Sade,Annie Lenox, Jennifer Rush, entre outros. De seguro que farán as delicias dos máis pequenos e , quizais tamén dos maiores. Probade e ...a ver que tal!!!
Atopada no canal de Youtube TV infantil.
FELIZ DÍA DA MÚSICA!!!

domingo, 20 de noviembre de 2016

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.

Imaxe atopada na páxina  Criando 24/7
Todos os 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno, un día dedicado a todas as cativas e cativos do mundo. Aínda que é un día de festa,  tamén se utiliza para chamar a atención sobre a situación dos nenos/as máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día para o seu benestar e desenvolvemento. (Fonte:Unicef-Páxina oficial).

Deixovos unha recopilación moi interesante sobre libros que tratan os dereitos dos nenos/as, que atopei no blogue Rejuega y disfruta jugando, de Yessica.
Tamén un pouquiño de información da páxina de Unicef.
E para rematar unha páxina coñecida que nos ofrece, xogos, contos, recitas.....
FELIZ DÍA A TODOS E TODAS!!!!

viernes, 18 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016.



Este ano o magosto chegou con fresquete e con chuvia, pero aínda así, puidemos celebralo o xoves 10 pola tarde.
Comezamos con xogos tradicionais galegos, que nos gustan moito. Xa os coñeciamos pero sempre é un pracer repetir. Primeiro, unha volta pola Petanca, para pasar despois á Chave Celta e á Chave normal.Dentro, desafiáronnos a Casa do Rato, os Rulos e os Bolos Celtas. O último xogo que fixemos foi a Ra. Hai a quen se lle da moi ben estas actividades , fixádevos nos gañadores.

Pero non todo ía ser xogar. Despois de tanto desgaste, tocou repoñer forzas  saboreando unhas riquísimas castañas, que asou o profe Javi.
Montaxes realizadas con PiZap.
ATA O PRÓXIMO MAGOSTO!!!!

miércoles, 16 de noviembre de 2016

TOLERANDO.

Imaxe atopada en http://www.chamlaty.com/
Hoxe , 16 de novembro,celebramos o Día Internacional para a Tolerancia. Según o dicionario da Real Academia da Lingua Española a palabra tolerancia significa respectar as ideas, crenzas ou prácticas dos demais aínda que non coincidan coas propias. Nuns tempos tan convulsos, nos que hai liberdade de expresión e acción, debemos practicar este valor que tan útil é para a convivencia en paz.
Aquí vos deixo unhas recomendacións da páxina guiainfantil.com sobre o tema,
 un conto tamén recollido na mesma páxina e
"El orejón"
uns vídeos interesantes.
Obtido no canal de Youtube de Isaro Burmar.
Obtido no canal de Youtube de Gabriela Aburto Sepúlveda.
TOLEREMOS PARA SER TOLERADOS!!!

lunes, 14 de noviembre de 2016

SUPERLÚA Á VISTA!!!

Imaxe atopada na páxina do National Geographic.

Tal vez reparemos pouco nela porque sempre está no ceo (aínda que non a vexamos todas as noites debido ao cuarto no que se atope); pero hoxe é un día especial. Poderemos observar á raíña do ceo máis cerca do habitual (un 14% ) e tamén será máis brillante. Este fenómeno non se volverá a repetir (con estas características) ata o 25 de novembro de 2034. Por se nos pilla fóra ou ocupados , gocemos nesta escuridade de toda a súa maxestuosidade.
Deixovos un enlace con información ao respecto.
COIDADO COS LOBISHOMES!!!!

sábado, 12 de noviembre de 2016

CAIXÓN DESASTRE(I)

Montaxe realizada con Pizap.

Hoxe , para inaugurar como se merece o noso Caixón Desastre, traivos unha curta en galego titulada "Os xeranios do Señor Alfonso". Producida  polo cole de Cea e gañadora do premio OUFF Escola no Ourense International Film Festival, esta preciosa historia ten como telón de fondo o despoboamento rural. Nela fálase da amizade, do cariño e da responsabilidade.
Gozade deste gran traballo e aprendede do o que se pode lograr na escola.
Tamén me parece moi interesante que lle botedes un ollo a como o realizaron os seus artífices.
Obtidos no canal de Youtube Cole de Cea.
PARABÉNS; ARTISTAS!!!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

VOLVEN OS PUNTOS.

Montaxe realizada con PiZap.

Xa lle digo eu aos meus nenos e nenas que debo ter vocación de cirurxán, pois encántame dar puntos. Si, xa volveron, e , neste curso, a cousa complicouse. Xogaremos por corenta fermosos puntiños, que nos levarán a un premio extraordinario: pertencer ao exclusivo clube da clase de segundo.
Aínda non sabemos que ventaxas nos trae ingreasr neste clube, porque se irán desvelando pouco a pouco, pero hai un privilexio reservado aos cinco primeiros que consigan os puntos: elixir o nome do clube!!!
A maneira de lograr puntos segue a ser como o ano pasado; baséase no traballo diario ben feito pero hai puntos extras que poden aparecer en calquera momento. O mes pasado, ser ir máis lonxe , Diego conseguiu un punto por ofrecerse voluntario nunha actividade e varios nenos conseguiron outro por mirar no blogue unha entrada que mandou a profe e respostar unha pregunta.
 Así que xa sabedes, ánimo e... a puntuar!!!

domingo, 6 de noviembre de 2016

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.

Este ano, no noso cole, celebramos a festa do Halloween - Samaín o venres día 4 de novembro. Coma ven sendo tradicional, fixemos unha fermosa e espectacular exposición de cabazas que os nenos/as realizaron coas súas familias. Cada ano supérase ao anterior en traballo, orixinalidade e inventiva.
Grazas aos que o fixéstedes posible!!!
Agora ollade as cabazas da nosa clase e unha representación das do cole.


O concurso deu cinco premios que foron moi difíciles de escoller Este ano tamén tivemos un na nosa clase. Foi para Fran e a súa bruxa.
Pero antes do concurso, gozamos un montón cos xogos que organizou a teacher María: bolos fantasmagóricos, conos embruxados e mazás con sorpresa.
Montaxes realizadas con PiZap.

UNHA GRAN FESTA!!!!!

viernes, 4 de noviembre de 2016

ACTIVIDADES DE SAMAÍN.

Nesta semana pasada estivemos traballando cousas relacionadas coa época que nos ocupou: o Samaín.
Ensinámosvos o que fixemos:
-Unha manualidade sinxela e lucida feita con pinzas da roupa (Sacámola do blogue Safari de colores de Alpino).
-Unha meiga coa súa vasoira de Krokotac.com.Recoñezo que é unha manualidade extremadamente fácil para os nenos/as de 2º pero fixeron todo eles solos.
-Obradoiro de creación literaria: Cuns fantásticos dados obtidos en Nuestros Recursos Digitales e unhas orixinais plantillas , creamos historias terroríficas. Primeiro unha conxunta de toda a clase e despois cada un a súa.
Mirade como o fixemos.
Como nos gusta darlle un toque persoal a todo o que facemos, decidimos engadir outro dado cunha emoción para incluir na historia.
Montaxes realizadas con PiZap.
Mostrámosvos as individuais.
GUSTÁRONVOS?

miércoles, 2 de noviembre de 2016

ESTABAS AÍ, PERELLA!!!


Xa había tempo que non tiñamos novas da nosa fada favorita, PERELLA.
Foi gazas a Diego, que lle escribiu unha carta, que soubemos das súas andainas durante o verán. Estivo ocupada facendo trastadas por aí adiante, nada grave, creo.
O certo é, que lle contestou e  nos enviou un agasallo para todos/as: unha preciosa caixa.....baleira!!!!
Sí, lestes ben, baleira completamente!!! Menos mal que  viña unha explicación con ela e axudounos a entendelo mellor. 
Debido a un pequeno percance que tivemos en clase (tampouco temos que contalo todo), a fada pensou que podiamos precisar unha Caixa da Rabia (a ela seica lle funciona moi ben). Contounos que cando se sinte furiosa por algo debuxa o seu  monstro da rabia nun papel, engúrrao e méteo na caixa   para que non poida facer mal. Pediulle á profe que nos ensinase o conto  "Vaya rabieta" de Mireille d´Alancé para meternos en situación. (Ás veces penso que esta fada ten gañas de leria e pensa que a profe non ten outra cousa que facer).
Isto foi o que atopei na rede sobre o conto.
Vídeo obtido no canal de Youtube de Mª Ángeles Díaz.
A caixa deixámola á vista por se a precisamos pero esperamos non chegar a estar tan rabiosos/as
Montaxes realizadas con Pizap.