jueves, 14 de julio de 2016

REMATAMOS ESTE CURSO.

E que mellor maneira de finalizar algo que cunha fantástica festa!!!O último día do cole asistimos á graduación dos nosos compañeiros/as de cinco anos, que estaban todos fachendosos coa súa profe Vane ao frente e as súas familias arroupándoos. Nós tamén quixemos poñer o noso granciño de area e démoslles uns conselliños para que o paso a primaria lles sexa máis levadeiro.
Este vídeo foi maquetado pola profe Vane., que é a experta,jejeje.
E despois, festa rachada!!!! Mirade como nos puxemos!!!
Montaxe realizada con PiZap.
Aquí vos quedan algunhas das "argalladas " que fixemos no terceiro trimestre e que non estaban publicadas. Sempre haberá cousiñas que queden solo para nós.
Non podo marchar sen agradecer os agasallos recibidos ao longo de todo o curso, materiais ou non, todos fantásticos e irreemprazables. E represéntoos todos neste libro que me emocionou profundamente.
MOITAS GRAZAS!!!
Xa vedes o produtivo que foi o curso e  o moito que traballamos, así que agora , tocaranos descansar un pouco.
PARA TODOS E TODAS; FELIZ VERÁN E BO DESCANSO!!!!
VOLTAMOS EN SETEMBRO.
(Aínda así podedes comentar o que queirades ; eu sempre estou cerca)

miércoles, 13 de julio de 2016

A VOLTA AO MUNDO (XVI).

Imaxe atopada na rede.

Por fin chegou ao remate a nosa longa viaxe!!! Foi moi intensa e interesante pero todo o bo chega ao seu fin.Para poñer un broche de ouro  a esta travesía, contámoslles aos compis do cole que aprendemos da India, ao tempo que escoitamos o que eles investigaron.

Montaxe realizada con PiZap.
Agora é tempo de mostrarvos o resultado final da nosa guía turística sobre este fantástico país.
Queredes ver as fichas que fixemos?  Velaquí están!!!

Coma sempre deixovos as fichas por se as queredes empregar.
Se premedes sobre a imaxe da portada poderedes obtela para colorear.

martes, 12 de julio de 2016

BOTÓN COLABORADOR.

Hoxe recibín, chea de ledicia, o meu botón ao blogue colaborador dentro da aventura "UN PROYECTO ENTRE TODOS".
Quero dar as grazas ás chicas do Claustro blog pola súa labor de coordinación e recopilación  para chegar a crear ese fantástico SITE  que nos é de tanta utilidade no noso traballo. Asemade , quero recoñecer  o seu entusiasmo e  esforzo para levar a cabo o proxecto e mantelo con éxito durante todo este tempo.
MOITAS GRAZAS ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOE.
MOI FELIZ VERÁN PARA TODAS!!!

lunes, 11 de julio de 2016

PASANDO O TEMPO.

Para que non digades que tendes tempo de aburrirvos no verán, aquí vos quedan uns estupendos xogos que nos ofrece a Junta de Castilla y León coma todos os anos. Neste "Abierto por vacaciones 2016"poderedes atopar  xogos para poñer a proba o voso cerebro , búsquedas do tesouro, robots virtuais e  ata saborosas receitas veraniegas.
Xa non hai excusa.A xogar!!!

domingo, 10 de julio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

Coma cada ano, os meus alumnos e alumnas fan unhas recomendacións lectoras para o verán  entre os libros que leron durante o curso. Veredes que as fichas son diferentes porque comezamos cunhas máis fáciles que se complicaron no medio do curso.
 A ver que vos parecen!!!
Aquí quedan as fichas que traballamos e a portada por se lle pode servir a alguén.
Preme para acceder.
Agora deixovos as miñas suxestións. Tedes moito en que escoller!!!

FELICES LECTURAS!!!

viernes, 8 de julio de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XV)

Montaxe realizada con Pizap.

Pois como non quere a cousa, chegamos ao noso terceriro país de destino: A India. Neste punto xa sabedes como funcionamos co proxecto. Ensinámosvos como creamos o noso rincón despois de procesar a información.
Nesta ocasión tocáronnos as festas da India,; outro tema amplísimo porque neste país son como en Galicia, moi festeiros!!!
Tamén fixemos fichas sobre o tema.
Como xa era final de curso non puidemos traballar tan amplamente como nos houbese gustado pero fixemos o noso lapbook.
Montaxes realizadas con Pizap.

jueves, 7 de julio de 2016

CREANDO RECORDOS.

En primeiro lugar, a Fada Perella quere dar as grazas por un agasallo que lle trouxeron da excursión a Barcelona. Séntese tremendamente afortunada porque alguén se lembrou da súa existencia. Teño que dicir que secundo as súas verbas, xa que de min tamén houbo quen se lembrou.
Graciñas por todo!!!
Continuamos falando do enterramento da nosa nova cápsula do tempo. Xa vos contamos que, queimamos parte do recuperado na anterior porque estaba deteriorado e, ademáis engadimos: un Cd coa canción que máis nos gusta, unhas cartas e algún obxecto para o noso eu futuro e a gravación  do momento en que depositamos ditas cartas e obxectos. Despois metemos a cápsula nun baúl; "O Baúl da Memoria". Alí esperamos que se conserven ata que decidamos abrila.
Para festexalo, compartimos unhas chocolatinas conmemorativas do evento.
Por certo, xa creei a páxina que vos comentei. Chámase "Alumnos/as da profe Anabel". So tedes que buscalo no Facebook e darlle á pestana "Unirse al grupo" que aparece na cabeceira. Chegarame a vosa solicitude e eu estrei encantada de aceptarvos. 
AGÁRDOVOS!!!

miércoles, 6 de julio de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XIV).


Cando o lapbook de Exipto chegou á nosa aula puxémoslle moita atención porque ademáis de gustarnos moito traíanos unha sorpresa. Sabedes cal?Dúas sinalizacións que tivemos que poñer na super maqueta do salón de actos. Queredes vela?
Agora ensinámosvos o lapbook.
E tamén a fichas que fixemos nós.
Por  se é do interese dalguén, deixovolas aquí para descargar.
*Nos Deuses hai tres fichas, unha é de base e as outras dúas hai que recortalas e pegalas polo extremo esquerdo.

lunes, 4 de julio de 2016

PUNTUANDO: BEA E OS GATOS.

Montaxe realizada con PiZap.

Hoxe chegamos á ronda final do nos puntuando deste curso. Tócalle a Beatriz pechalo cun tema moi minino; os gatos. Imos a por el!!!

Comezaremos  por un vídeo que  nos conta 10 curiosodades sobre estes felinos.
Obtido no canal de Youtube Curiosity
Seguiremos cantando con estes vídeos de Reino Infantil.

Obtido no canal de Youtube Reino infantil.
Para rematar uns xogos . Na páxina da  Junta de Castilla León tedes este en inglés.
Na páxina de Juegosinfantiles.com hai moitos xogos de mininos como o gato piloto, o gato famento ou gatos e peixes. A xogar!!!

domingo, 3 de julio de 2016

VIVIR NA CORUÑA QUE BONITO É.


Pois nós non sabemos como é vivir na Coruña pero se o di unha canción, algo de razón levará. O que si puidemos comprobar foi o bonita que é a cidade e todas as posibilidades que ofrece (dentro dun tempo limitado, claro).
O pasado día 20 saímos ben cediño, sen que nos dese tempo nin  a facer unha foto sequera, pero é que tiñamos moitas cousas que ver. A primeira parada foi na Torre de Hércules, maxestuoso faro que nos recibiu cos brazos abertos e nos quixo ensinar cidade e o mar.
Case sen darnos conta xa estabamos na hora do xantar e fomos ata o monte de San Pedro  a repoñer forzas.
Sen tempo para xogar dirixímonos ao Acuarium Finisterrae para gozar de estrelas, cabaliños de mar, tiburóns e raias, entre outras criatura mariñas.
Pero aínda non acababa aquí a nosa viaxe. Fomos tamén á Domus (Casa do home) onde vimos  unha película en 3D "Pequenos xigantes" e divertímonos probando toda clase artiluxios.
Montaxe realizada con Pizap.
Chegamos  tarde ao cole porque tivemos unha pequena avería no autobús(nada grave). Foi unha saída estupenda; moi intensa pero estupenda.
Deixovos o tráiler da película que vimos na Domus para que vos fagades unha idea.
Obtido no canal de Youtube BBC Earth.

sábado, 2 de julio de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XIII).

Por fin rematamos o noso lapbook. Mirade como nos quedou!!! Escollemos dez monumentos que nos pareceron importantes(é que en Exipto hai un montón deles!!!) e fixémoslle unha ficha con datos relevantes. Que opinades?
Rematado este traballo había que expoñerllo aos compañeiros/as do cole. Así o fixemos e recibimos o noso ansiado selo no pasaporte.
Montaxes realizadas con Pizap.
Mentres esperamos a seguinte entrada, deixovos este conto de Playmobil sobre Exipto. Para que gocedes!!!

viernes, 1 de julio de 2016

PUNTUANDO: CONSTANTE E OS COCHES.

Montaxe realizada con PiZap.

Aínda que Bea e Constante  chegaron á par aos 20 puntos, un ten que ser o último.Así pois,fixen un sorteo e tocoulle a Bea. Non pasa nada porque a entrada vaina ter igual que os seu compis, así que...xa está.
O que nos pediu Constante tamén é un tema recurrente nestas idades ( e noutras tamén). El quixo unha entrada de coches. Pois imos aló.

Comezaremos vendo "La tienda de coches" en debuxos animados.
Obtido no canal de Youtube Cochecitos Divertidos.
E porque non un capítulo de Autos locos?Non importa os anos que teñan senon o que nos poidan divertir.
Obtido no canal de Youtube  Leyendasdelcamino.
Teremos que divertirnos algo. A ver que vos parecen estes xogos.
Primeiro teremos que construir unha estrada para poder circular.
E agora botaremos unha carreira.
Xogos obtidos en juegosinfantiles.com
Despedirémonos cunha canción moi popular "El auto de papá". A cantar!!!!
Obtido no canal de Youtube el Reino Infantil.