miércoles, 29 de abril de 2015

MÚSICA EN MOVEMENTO.

O 29 de abril foi instaurado en 1982 como Día Internacional da Danza pola UNESCO  por ser o natalicio de Jean Georges Noverre,bailarín francés e profesor de ballet considerado o creador do ballet moderno. Este ano, o autor da mensaxe para este día é un bailarín español, Israel Galván. Aquí vos deixo o enlace ao seu discurso (Premede aquí).Tal vez non estea escrito para nenos pero creo que pode resultar interesante.

Deixovos tamén esta espléndida coreografía titulada "Pleiades" que conxuga de maneira maxistral baile, música e luz.
E outra "coreo" impresionante con luces de neón.
De máis recente  creación é o Día Internacional do Jazz que celebraremos mañá, 30 de abril. Decidín aproveitar a entrada para conmemorar as dúas datas.A cidade anfitrioa deste ano será París considerada a segunda cuna do jazz, despois dos Estados Unidos.
Ofrézovos unha curta ben chistosa. Music Land é unha curtametaxe de Disney producida entre 1929 e 1939. Conta a historia de dúas illas, Sinfonía e Jazz, e do que ocorre entre os seus habitantes. Tendes curiosidade? 
Ollade!!!
E para rematar  pechade os ollos para gozar da preciosa voz de Karen Souza, que versiona "Teinted Love" cun estilo moi persoal.Viva a fusión!!!


FELIZ DÍA DA DANZA E DO JAZZ!!!

lunes, 27 de abril de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXII) (2014-2015).

Hoxe quero propoñervos para a reflexión dúas frases de célebres persoeiros que nos invitan a ter en consideración a mesma temática: o exemplo.
Podería parecer que estas frases solamente van dirixidas aos pais, nais e adultos en xeral, pero non debedes esquecer que, a vosa idade, xa tendes observadores menores aos que poder arrastrar.
Arrastrádeos a hábitos saudables, á vida sana e a actividades que os fagan sentir ben con eles mesmos. Así contrubuiremos todos a construir un mundo mellor.

sábado, 25 de abril de 2015

DEPORTE ESCOLAR (III).

O mércores pasado tivemos outra divertida xornada de Deporte Escolar recibindo na casa aos nosos compis do  CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo.Foi unha mañá chea de fútbol, baloncesto e balonmán, na que os resultados foron bos porque o pasamos estupendamente.Ademáis, esta vez, visitounos a profe Celia, que xa estivera no noso cole, e foi unha gran ledicia tanto para os profes como para os alumnos (sobre todo os de 6º, que foron os seus  titorados/as durante 2 anos).

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.

Cartel obtido na web www.diadellibro.eu

Xa falamos, ao principio da semana, do interesante que esta ía a ser, e creo que non defraudou. Hoxe celebramos o Día do Libro e do Dereito de Autor e para festexalo por todo o alto traiovos varias cousiñas:
Unha compilación de textos con fichas, partituras e musicogramas para Infantil e Primaria publicadas en Imágenes Educativas.

Recordades as vosas fábulas favoritas? Aquí están para que as recordedes. Xa sabedes que deixo unha certa  liberdade á hora de presentar os traballos. Cada quen obterá o que merece!!!
Carmen Parets, desde CatacricatacraC, recoméndanos 10 libros sobre o amor aos libros. Atrevédesvos con algún?
Unha deliciosa historia sobre o  fantásticos que son os libros que voan, so tedes que vela e gozala.
E mañá seguiremos celebrando, lendo e vivindo... novos libros!!!

miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DA TERRA 2015.

Imaxe sacada do blogue  Reciclado y ecología.

Este ano cúmprense 45 anos da primeira celebración do Día da Terra  e celébrase baixo o lema "É o noso turno para liderar o cambio". No ano 1970 instituiuse en Estados Unidos esta data, un ano despois  dunha traxedia ecolóxica acaecida nas costas de Santa Bárbara: un tremendo derramamento de petróleo. Activistas , cidadáns e un senador concreto da época(Gaylord Nelson) realizaron unha intensa campaña en prol do medio ambiente. Case vinte anos despois,a ONU decretou o 22 de abril como o Día Internacional da Nai Terra.
A estas alturas non importa demasiado a orixe e, moito menos o nome da efeméride, pero sí o que pasa e o que podemos e debemos facer para axudar a preservar o planeta e mellorar a nosa calidade de vida en harmonía coa natureza.

Neste vídeo de Acciona faisenos unha interesante pregunta final : Que fas ti para protexer ao Planeta Terra?
Escríbeo nesta entrada para que todos poidamos velo e levalo a cabo.  Así entre todos/as conseguiremos salvar o futuro do noso MUNDO.
Dreixovos unha imaxes para colorear relacionadas coa Nai Terra. Gozade do Día!!!

lunes, 20 de abril de 2015

COMO A VIDA MESMA (XXI) (2014-2015)

Esta semana prevese intensa porque teremos a celebración do Día do Libro ( e o Día da Terra tamén). Así é, que imos ir quentando motores cun vídeo moi imaxinativo. Compartiuno a nosa amiga Encarni Valderrama da Biblioteca Gregorio Marañón ( La Cala del Moral-Málaga). Grazas por facelo visible para que o gocemos todos!!! 
Antes de velo facédevos unha pregunta: que fan os libros polas noites cando ninguén os ve? Tal vez este vídeo vos aclare algo a dúbida.

No blogue Tetuánlee , Faustina Fernández publica esta interesante información sobre o Día do Libro. A ver que vos parece.

viernes, 17 de abril de 2015

MEMORABLE VISITA.

Foto realizada polo profe Toño

Que ten que ter algo para converterse en memorable?Supoño que vai depender de cada un de nós e do que consideremos digno de gardar na nosa memoria. Así é , que non vou poder dar unha definición que se axuste ao conxunto da maioría, pero sabedes que? Tampouco o pretendo. Xa me ides coñecendo e vedes que non son de maiorías, nin do"normal", nin de tantas outras cousas que non entendo ben.
É memorable , para min, todo aquilo que toca o corazón e o fai latexar, o que provoca sentimentos crus que rabuñan a alma,o que aloumiña os sentidos e desafía a mente. Por iso, a tarde de onte foi merecedora dun lugar de honra entre os nosos recordos. Visitáronnos dous mozos, con alma de nenos e a sabedoría recollida dos vellos. Un versa música e o outro, musica versos.
Desde o cole de O Foxo (o dos meus amores como alumna) chegounos Xosé Luna, cargado de bicos de cores, de pinceladas reflexivas e preguntas curiosas.
Desde Cuntis, terma viva e curativa, apareceu un guitarrista con voz de campo e chuvia, con maxia nos dedos e alma no cantar. 
Vaia par de secuaces da Lingua , da Identidade e do Amor por Galicia!!!!
GRAZAS RAPACES POR UNHA TARDE MEMORABLE!!!

(Noutra entrada cóntovos o previo e o que deu de si a xornada).

miércoles, 15 de abril de 2015

REPASO DE MATES(I).

Vale, vale, non so imos repasar Lengua Castellana, tamén Mates; parécevos?
Xa fixemos unha entrada con xogos sobre a división. Premede aquí para xogar.
No portal de la Junta de Andalucía atopei esta actividade de ANAYA sobre as fraccións.
E no mesmo portal un LIM realizado polo CEPR Pablo de Olavide.
Para repasar as fraccións tedes este xogo do Ministerio de Educación. É moi completo e trae moitas cousas que non estudamos pero a primeira parte (Para medir) podédela facer sen problema.
Sobre números decimais  atopei este xogo  no portal do Gobieno de Canarias (Proyecto Medusa)

Na próxima entrada de repaso xa falaremos de operacións con números decimais. Ide repasando!!!

lunes, 13 de abril de 2015

COMO A VIDA MESMA (XX) (2014-2015)+PUNTOS.

Hoxe,chega á nosa sección, unha fábula moi interesante, que se lle atribúe a varias persoas. Para min o realmente importante é o que nos pode ensinar. Botádelle un ollo e ide reflexionando porque...  chegaron os os novos puntos!!!
Esta vez terán dúas partes. Estades preparados/as?
1ª parte:
   1. Lede a fábula con atención.
   2. Escribide a conclusión que sacades da súa lectura.

2ª parte:

   1. Visitade o estupendo blogue  da nosa amiga Marisa Alonso, POESÍA INFANTIL.
   2. Escollede unha das súas preciosas poesías.
   3. En un folio, ilustrádea. Incluíde o voso nome e a idade.
Tedes de prazo ata o próximo luns, 20 de abril, para entregar o traballo. E xa está, obteredes 5 puntiños e ao mellor temos sorpresa.
Animo chicos/as!!! Isto ten boa pinta!!!

domingo, 12 de abril de 2015

UN MERECIDO DESCANSO.

As vacacións de Semana Santa foron curtas pero intensas; e merecidas tamén. Para que quede constancia diso, aquí van as nosas crónicas sobre este tempo de relax.


viernes, 10 de abril de 2015

PREMIO PARABATAIS.

Chegamos das vacacións de Semana Santa e....Premio PARABATAIS!!!Ven da man de Rosario Villalta do blogue LES FORMIGUETES
Anímovos a que o visitedes, xa que ten cousiñas moi interesantes para a Educación Infantil, das que todos podemos aprender. Moitísimas grazas, Rosario, por pensar no meu blogue para concederlle este premio. Estou moi ilusionada!!!

As normas para  aceptalo son:
-Agradecer o premio.
-Poñer a súa imaxe na entrada.
-Nominar a 15 blogues amigos e informalos da nominación.

Xa cumprín dúas condicións, imos coa terceira, e máis complicada. Os meus nominadaos son:
-Poesía infantil
-El arte de educar
-Las TIC en Primaria
-Cuaderno de colores
-Educar en un tic
-Relatos cortos, reflexiones y más...
-Puertas a la imaginación
-Orientación Condesa
-Catacricatacrac
-Escuela infantil castillo de Blanca
-Orientación Andújar
-El maestro cuentacuentos
-Ayuda para maestros

PARABÉNS AOS GAÑADORES!!!

ACTUALIZACIÓN: Agasallounos co mesmo premio o blogue Tu me aprendes
Graciñas María!!!
Tamén o recibimos de Mª José Baz  de O baúl de segundo. Moitas grazas, Mª José!!!

miércoles, 8 de abril de 2015

HORA DE LER (IV)

Hoxe volvemos coa "Hora de Ler" e coa lectura que nos trouxo Uxía. Como o libro ten moitas páxinas non puidemos acabalo de ler, pero queda na biblioteca de aula para cando teñamos un pouco seguir gozando das aventuras do rato máis "ratigónico" do universo. Acertastes quen é?
Pois si , trátase de Gerónimo Stilton en "El misterio de los elfos". Serán parentes da Fada Perella? Haberá que preguntarlle!!!

lunes, 6 de abril de 2015

COMO A VIDA MESMA (XIX)(2014-2015)

Imaxe obtida en Flickr
Hoxe na nosa sección imos falar da data conmemorativa que celebraremos mañá,  7 de abril, o Día Mundial da Saúde. Recórdanos a creación da OMS (Organización Mundial da Saúde) en 1948. Cada ano escóllese un lema e unha temática para profundizar nela. No 2015 trátase a inocuidade dos alimentos.
(Señores: dicionario) Unha vez saibades o que significa a palabra, recoméndovos este vídeo sobre as cinco claves para conseguir a mencionada inocuidade.
Premede para acceder á información desta data na páxina da OMS.
E para rematar este xogo que nos propón UNICEF.

domingo, 5 de abril de 2015

REPASO DE LENGUA CASTELLANA.(I)

Que vos parece se facemos unha revisión trimestral de Lengua Castellana  a través duns xogos?A ver se recordades ben o aprendido e, senon , repasamos un pouquiño.
Unha "sopiña de letras" para recordar as palabras que comezan por bu- ,bur-, bus-. Autor: Pablo Quintas Barros. Atopado en educaplay.
Antes de ver o xénero e o número dos nomes, repasemos as clases que coñecemos: comúns, propios, individuais e colectivos. De http://www.primaria.librosvivos.net/(pero saqueino do blogue de Isabel Piñero "Las Tic en Primaria")
Agora o xénero e o número do nome  con esta actividade de ANAYA. Portal de la Junta de Andalucía.
Marchando unha de prefixos: pre-,re- mono-, poli- e semi- de ANAYA.
Concordancia entre nome e adxectivo. En Mundo primaria.(Si, xa sei que é de 3º , pero para repasar válenos igual).
Por último, por hoxe, adxectivos rematados en -avo,-eve, -evo...Unha actividade de ANAYA sacada do blogue de Isabel Piñero.

jueves, 2 de abril de 2015

DATAS COMPARTIDAS.

Hoxe é un día de dobre celebración. Vaiamos por partes.
Imaxe obtida de Miss Selka.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide designar o día 2 de abril como Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, alá polo ano 2007. Explicar en que consiste sen caer en tópicos, etiquetas e demais é difícil, pero  se o conta un pai cunha filla autista, a cousa cambia. Miguel Gallardo (debuxante) realiza esta preciosa curtametraxe "El viaje de María" contando a súa experiencia coa súa nena.

Desde fai 48 anos, O IBBY( Organización Internacional para o libro Xuvenil) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, para promocionar estes libros e a súa lectura entre os máis novos.
Este ano, o país elexido é Emiratos Árabes Unidos ño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian,e o texto,de
Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país. 
 Preme sobre o cartel para ter máis información e ver  a carta da escritora aos nenos/as do mundo.
Cartel 2015 en galego.