miércoles, 28 de enero de 2015

CREANDO BARCOS,PERSEGUINDO SOÑOS.

"Mil barcos por un soño, mil barcos pola paz."
Baixo este precioso lema, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda, embárcase nun ambicioso reto: o de conseguir mil barcos de papel que naveguen cara a illa da paz o próximo 30 de xaneiro. Basándose na historia da nena Sadako Sasaki, no canto de grúas,os silledenses, pretenden construír naves que surquen mares de procelosas e intolerantes augas para alcanzar  a concordia e a conciliación.
Son moitos os "armadores e armadoras" que lles están botando unha man e, desde o cole de Forcarei, non quixemos ser menos. Participamos todos, que aínda que non somos moitísimos, facemos montón. Deixovos aquí  a nosa contribución desde a aula de cuarto.
Grazas profe Chus , por facernos a foto!!!

Aquí  queda  unha presentación para que vexades o proceso de creación.
E tamén un vídeo sobre o acontecido na vida de Sadako Sasaki. Na próxima entrega de "Como a vida mesma" traereivos unha curta animada sobre  a historia desta nena.

Queremos felicitar  aos compañeiros/as Colexio Plurilingüe María Inmaculada pola súa orixinal iniciativa e agradecerlles que pensasen en nós  para colaborar con eles.
GRACIÑAS, COMPAÑEIROS/AS E ...ATA A PRÓXIMA AVENTURA!!!

lunes, 26 de enero de 2015

COMO A VIDA MESMA (X) (2014-2015)

Xa sabemos o día que imos celebrar o venres e, aproveitando esta data, a nosa sección semanal tráenos un vídeo musical dun peculiar cantante barcelonés. Gústame especialmente polas súas alegres melodías,as  letras comprometidas e unha filosofía de vida chea de valores necesarios.
Como xa dixemos en moitas ocasións, a paz está en consonancia con moitas cousas pero é contraria a outras. Non é tan simple como paz contrario de guerra, senon  que engloba moitas actitudes e comportamentos.Para conseguir unha paz conxunta e duradeira, primeiro debemos estar en paz con nós mesmos e despois desexar conseguir o mesmo estado cos demais. Eu estou convencida que na base de todo isto está o amor, porque se queres ao outro, como lastimalo?,como envexalo?,como desexarlle nada malo?
Pois iso é o que nos conta Macaco nesta canción "Love is the only way". Se o amor é o único camiño, por que non seguilo?
Esta é unha canción que xa coñecía, pero o outro día vina no blogue da profe Encarni, da Biblioteca Gregorio Marañón (La Cala de Moral- Málaga) e pareceume moi axeitada. Que pensades vós?

domingo, 25 de enero de 2015

RECURSOS PARA TRABALLAR A PAZ.

Un ano máis chega xaneiro e co seu remate o Día Escolar da non Violencia e a Paz.Ben é certo que hai certas temáticas que no cole tratamos durante todo o ano, pero un día sinalado, celebrámolo por todo o alto. Aquí vos deixo unha compilación de recursos para traballala cando queirades. Que vos sexa útil!!!
Preme na imaxe para acceder

sábado, 24 de enero de 2015

O NADAL, QUE LONXE VAI.

As crónicas de Nadal farannos evocar tempos pasados, pero non mellores. O mellor sempre está por vir!!!

jueves, 22 de enero de 2015

PREMIO AO MELLOR BLOGUE AMIGO.

A nosa amiga Ana Martínez, do blogue  Aula Tic,concédenos o Premio ao Mellor Blogue Amigo. Nin que dicir ten que me sinto moi contenta  e orgulloa de recibir este galardón da man dalguén a quen admiro tanto.
GRAZAS, ANA.
Os requisitos  que se deben cumprir para recoller  este agasallo, son os seguintes:
-Nominar a dez bogues que merezan o premio.
-Contestar á pregunta:  Que é para ti a AMIZADE?
-E cando utilices a imaxe do premio (entrada ou gadget) enlazala á seguinte dirección:
Os meus nominados son:
-Óscar Alonso de La Eduteca.
- Mariela Parma de Educación Incial Códoba
-Marta Máster de Cativo Dixital
-Luis, José Carlos e Mª José de Soñando Cuentos
-Blanca Lafarga de Escuela infantil castillo de Blanca
-Natalia Longo de Orientación Condesa
-Vanessa Arca de Os pícaros de Vane
-Manuel Velasco de El blog de Manu Velasco
-Ana Martínez de Aula Tic
-  Los peques de Feli

A AMIZADE  para min consiste en confiar no amigo, apoialo e animalo,sostelo e impulsalo sen esperar nada a cambio pero obtendo o mesmo de xeito desinterasado. Un amigo é o que sempre está: nas ilusións , na lonxanía, nas penas, no desacordo,nas celebracións.....

NORABOA A TODOS/AS PREMIADOS E GRAZAS POR SER BLOGUES AMIGOS!!!

martes, 20 de enero de 2015

NOVOS PUNTOS.

Aquí chegan os novos puntos!!!!Veñen da man da nosa sección semanal "Como a vida mesma" e son os seguintes:
- Busca a entrada de "Como a vida mesma" na que aparece esta frase e contesta  ás dúas preguntas que alí se che plantexan.
- Busca  a última entrada da mencionada sección e, despois de ver o vídeo, escribe  a aprendizaxe/s  que podes obter da curta.

Xogamos por  5 puntos e como son ben fáciles, o prazo de entrega  remata o  vindeiro luns 26. Podedes entregarme as respostas  ata ese día.
 A por eles!!!

lunes, 19 de enero de 2015

COMO A VIDA MESMA (IX) (2014-2015).

Un luns máis chega a nosa sección para deixarnos algo co que reflexionar. Nesta ocasión trátase dun vídeo titulado "My shoes"("Os meus zapatos") , que nos invita a pensar sobre varias cousas. Non penso dar ningunha pista, xa  que daquí sairán os próximos puntos. Poñédelle atención e permanecede atentos!!!

viernes, 16 de enero de 2015

HORA DE LER (II)

No trimestre pasado comezamos a traer libros para lerllos aos nosos compañeiros/as na "Hora de Ler".Cando lle tocou  o turno a Carlos, trouxo da súa casa un libro moi chulo chamado "¿Dónde está Boby?" de Ediciones B pero como era para buscar non o  puidemos ler. No canto, escolleu da biblio de aula "Adiviña canto te quero" de Sam McBradney. Ollade como no lo leu!!!
Ao día seguinte  decidimos dramatizar o conto. Os nosos actores foron Dani e Uxía e Ana foi a narradora.
Foi un momento agradable!!!


miércoles, 14 de enero de 2015

CALENDARIO FAMILIAR.

Grazas á nosa amiga Natalia Longo, de orientacióncondesa (que sempre é moi xenerosa á hora de compartir) chega ás nosas mans este calendario da CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos).Nel ofrécesenos a oportunidade de vivir en famila moitos momentos e experiencias, desenvolvendo as competencias básicas curriculares.
Ogallá vos sirva para gozar de tempo xuntos  de maneira divertida.
Calendario en PDF, aquí.
 

lunes, 12 de enero de 2015

COMO A VIDA MESMA(VIII)(2014-2015)

Xa  estamos de volta!!! 
Esta semana , na nosa sección, unha frase da rede moi  axeitada para os  tempos que corren. Nos medios de comunicación bombardéannos con noticias e historias sobre como vai o mundo e pensamos que todo vai mal pola culpa duns cantos que teñen o poder e nos gobernan.Pero..... podemos facer algo?

-¿Que significa ser honesto?
-¿Que pasaría se cada un de nós fósemos honestos na nosa vida, con nós mesmos e cos demais?
Estas dúas preguntiñas para reflexionar formarán parte dos próximos puntos. Permanecede atentos/as.

domingo, 11 de enero de 2015

sábado, 10 de enero de 2015

MENÚS SAUDABLES

Como puidestes ver no vídeo da entrada anterior no trimestre pasado, falamos dos menús saudables e decidimos elaborar o noso propio.
Seguimos os seguintes consellos da alimentación saudable sacados do blogue Nutri campeones:

Completa: Que inclúa todos os nutrintes.
Equilibrada:Que os alimentos que se consuman conteñan os nutrintes nunha proporción axeitada.
Inocua: Que o seu consumo habitual non supoña riscos para a saúde e se consuma con moderación.
Suficiente:Que cubra as necesidades nutricionais.
Variada:Que conteña diferentes alimentos de cada grupo en cada comida.
Axeitada: Que estea acorde cos gustos, costumes e recursos económicos sin sacrificar as outras características.
Esto é o que fixemos. Que vos parece?
Para o domingo deixámosvos escoller a vós. Clicade sobre a imaxe para descargar  a plantilla de Cosquillitas en la panza.
Como complemento, este fantástico vídeo sobre a dieta saudable de La Eduteca, o blogue educativo de Óscar Alonso.

jueves, 8 de enero de 2015

EXPERIMENTANDO.

Antes de comezar o novo trimestre, vexamos algúns experimentos do anterior.
AVISO
Aproveito esta entrada para poñervos os enlaces que levan ás entradas do blogue que tratan sobre as fábulas:
-FabulandoSlideshare que vos explica como crear unha fábula con exemplos (en LG e LC).
-Fábulas en galego: Dous exemplos de fábulas no noso idioma.
Espero que vos sexan de axuda nas vosas creacións.

miércoles, 7 de enero de 2015

GRAZAS A TODOS/AS!!!!

Que tal se portaron os Reis Magos? Ben? Que bos fostes todos/as. Eu , a verdade, é que non teño queixa ningunha, nin dos agasallos recibidos  nin das felicitacións tan estupendas que me mandastes. Houbo moitas mensaxes no blogue, no messenger.... (ata Vero nos desexou bo ano desde Panamá!!!); esas á vista están.Pero houbo outras que chegaron á miña casa a través do correo postal. Que ledicia tan grande visitar o buzón e atopar nel os vosos envíos! Non  teño palabras sufientes para agradecervos que pensásedes en min e na miña familia este Nadal e deixásedes parte do voso tempo en escribirme.
Persoas de antes, persoas de agora, persoas de sempre...GRAZAS!!!
E que non se queixe a Fada Perella que tamén tivo a súa carta; cando a vexa vai tolear de contenta!!!


No tempo da tecnoloxía, viva todo aquilo tanxible!!!

martes, 6 de enero de 2015

DÍA DE REIS.

Hoxe, como agasallo do día de Reis, quero deixarvos este vídeo sobre o verdadeiro significado do Nadal. Foi  a representación que fixemos no festival, pero cun toque especial. Espero que vos guste!!!
Agradecémoslle á profe Vane, como sempre, a súa labor de asesoramento, grabación e maquetación deste vídeo.
 Quedouche xenial, profe!!!
FELIZ DÍA DE REIS!!!

sábado, 3 de enero de 2015

AGASALLO DE COMEZO DE ANO.

Para empezar ben o ano, que vos parece unha lectura terrorífica? Aquí vos deixo uns relatos arrepiantes que de seguro vos farán pasar un anaco entretido. 
Boa  e aterradora lectura!!!

viernes, 2 de enero de 2015

LECTURA SORPRESA.

No 1º Trimestre tivemos unha lectora sorpresa que nos agasallou coa lectura dun marabilloso libro,  xa mencionado en "Como a vida mesma". Trátase de "La gran fábrica de las palabras" de Agnès de Lestrade. Trouxémolo como audioconto á nosa sección e Diana, que o viu, fíxonos saber que ela o tiña. Así foi como lle propuxemos que unha tarde viñese á nosa clase e nos lese esa delicada historia sobre amor e palabras. Nin que dicir ten que o fixo encantada e que quedamos encantados. 
GRACIÑAS; DI.