lunes, 29 de septiembre de 2014

ESPLÉNDIDOS CINCUENTA!!!

Imaxe obtida do blogue Todo historietas.

Hoxe está de aniversario unha das rapazas máis rebeldes con causa que coñecín nunca. Ela é a inconfundible  e filosófica Mafalda. Naceu un día de S. Miguel do ano 1964 da man dun xenio chamado Quino(Joaquín Salvador Lavado) e hoxe cumpre 50 espléndidos anos.Si, escoitastes ben; xa van 50 tacos sen perder a frescura e a actualidade. Non será que o mundo non evoluciona , non? Deixemos a cuestión no aire e gocemos de tan marabillosa mente, que nos fai sorrir e tamén pensar.
Aquí vos deixo un enlace a súa biografía:
Aquí tendes máis información sobre ela e os seus amigos (Clicade nas imaxes para velas mellor):
Imaxe obtida do blogue Ronaldtn
Imaxe obtida do blogue Rednel Colombia.

PARABÉNS NO TEU DÍA!!!

domingo, 28 de septiembre de 2014

EXCELLENCE!!!

Premio Excellence para O recuncho das fadas!!!

Así da gusto comezar o curso!!!Dende o blogue http://catacricatacrac.blogspot.com.es, da nosa amiga Carmen Parets, galardóannos co premio Excellence. Este marabilloso blogue, adicado aos contos, ofrécenos moitas posibilidades para disfrutar da lectura. Non deixedes de visitalo!!!
Moitas grazas Carmen por cosiderarnos mercedores deste bonito recoñecemento ao traballo realizado.

A primeira condición para recibir o premio é nominar a outros 10 blogues que merezan o recoñecemento. Eu aquí sempre teño problemas porque premiaría a máis pero....como teño que escoller, estes son os elexidos:
-Os Pícaros de Vane
-Aula Tic
-Orientación Andújar

 E as regras son as seguintes:
1. Pegar a imaxe do premio.
2.Escribir un agradecemento.
3.Nominar a dez blogues.
4.Publicar.

Parabéns a todos/as os galardoados. Espero que vos anime  a seguir traballando tan ben como ata agora. Que as estrelas guíen o voso bo facer!!!!

jueves, 25 de septiembre de 2014

IMOS A ROMA?

Xa chegaron os números romanos e recibímolos con grande entusiasmo. Para coñecelos mellor e repasalos premede nos enlaces.
-Información.
-Xogos.
Aumentamos os recursos con este xogo que atopei en Mundo Primaria.Xa vexo que pon para 5º(este ano perségueme o curso,jeje) pero vexoo asequible para vós, chicos/as de 4º.

A Junta de Comunidades de Castilla La Mancha  creou "Los números romanos". Está interesante; mirádeo!!!


martes, 23 de septiembre de 2014

BENVIDO,OUTONO.

Atopei este poema de Federico García Lorca en Docentes para el fomento de la lectura e pareceume axeitado para darlle a benvida ao outono.
Ás 04:29  desta madrugada deu comezo a estación considerada máis chuviosa  e ventosa do ano. Temos por diante case 90 días para gozar dun tempo melancólico e amarelo, que nos ofrecerá , sen dúbida , moitas oportunidades de aprender,vivir e amar. Aproveitémolas todas, como fixeron outros que hoxe nos deixaron orfos de ledicia.
Queridos nenos/as , vaiamos a polo outono!!!!

sábado, 20 de septiembre de 2014

A NUTRICIÓN.

Como o ano pasado xa estiven en cuarto existen varias cousiñas que podedes aproveitar para este curso en diversas materias . Nesta entrada falaremos do Coñecemento do Medio e do que podedes atopar sobre a alimentación. Premede nos enlaces  e levaranvos a información e xogos relacionados co tema:

-Información e xogos.
-Aparato dixestivo.
-Aparato excretor.

E para que haxa cousiñas novas este" Enigma da nutrición", creado por Antonio Muñoz, e  ao que nos invita o detective Rodríguez. Xa sei que pon para 3º Ciclo de Primaria pero penso que os  chicos/as de 4º  podedes repasar e divertirvos con el sen problema.


sábado, 13 de septiembre de 2014

MAXIA

O 13 de setembro de 2006 celebrouse por primeira vez, a nivel mundial, o día de Roald Dahl. A partir dese momento, conmemórase  realizando actividades arredor da figura e a obra do autor durante o mes de setembro (e  incluso nos meses seguintes).
Pero como, que non sabedes quen é Roald Dahl? Tal vez se vos falo dunha rapariga moi imaxinativa chamada Matilda, de  James e o seu melocotón xigante ou de cando Charlie visitou a fábrica de chocolate de Willy Wonka vos sone un pouco máis. E para os que queirades coñecer máis desde magnífico autor, aquí vos deixo  un enlace que atopei  en Docentes para el fomento de la lectura.
Polo de agora nada máis. Paréceme un  tema interesante para xogar por puntos. Pero como, que non sabedes o que son os puntos?Tranquilos chicos/as, xa nos poñeremos ao día!!!!


viernes, 12 de septiembre de 2014

MIÑA NAI; MENUDA MANEIRA DE MEDRAR!!!

A aula de cuarto segue a ser a mesma, como as demais do centro, solo cambian os nenos/as .Bueno este ano, porque....a profe repite!!!
Cando comeza un novo curso gústame  que todo estea baleiro para que os propios nenos e nenas, xunto comigo, construamos a nosa clase.Pero hai algúns elementos que teñen que estar. Ese é ocaso do noso Photos, que plantamos o curso  pasado e que nos recibiu cos brazos abertos.
Teremos que darlle as grazas a Fina por regala; pero...non lle daría vitaminas no verán?


Outra cousa que non cambiou, afortunadamente, son as andanzas da profe Vane, que nos preparou este agasallo de benvida.
Grazas,profe,benvida ti tamén e os teus picariños!!!

miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS A CUARTO; RAPACES!!!

Xa estamos no cole outra vez!!!!Non me digades que non tiñades gañas de voltar!!!
Pero como, que as vacacións vos souberon a pouco?Que non tendes moitas cousas que contarlles aos compañeiros/as?Ou é que cambiades de profe  non sabedes como vai ser?
Pois , tranquilos; aquí cambiamos todos/as. Así é que imos comezar o curso con moitas gañas e ilusión, con novas inquedanzas e con ánimo renovado e....malo será que non saia ben!!!!
Visitando o blogue de Natalia Longo http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/ vin un carteliño estupendo con consellos para comezar o curso con bo pe. O seu autor é Manu  Velasco, un mestre cos pes na terra e a cabeza nas estrelas, que ten un blogue fantástico http://elblogdemanuvelasco.blogspot.com.es/.
Seguro que vos ensino máis cousiñas del. Pero polo de agora vaiamos poñendo en práctica estes consellos.
Vale para todos/as: profes, nenos/as de 4º, de 5º......(jeje, non o podo evitar!!!)

lunes, 8 de septiembre de 2014

CONCURSO FERTIBERIA

No curso pasado presentámonos ao concurso de debuxo de Fertiberia. Non houbo sorte pero pasámolo moi ben facendo os debuxos e ademáis mandáronnos uns diplomas pola nosa participación.
Estes foron os nosos traballos.
Esta entrada quedara pendente de publicación e como este ano cambio de alumnado creo que debo poñérvola antes de empezar o curso. De todas maneiras....non descartamos nada!!!!

lunes, 1 de septiembre de 2014

ESTAMOS DE VOLTA!!!!

Ola a tod@s!!!Xa estamos no comezo do curso escolar. Agardo que  as vacacións fosen estupendas e, sobre todo, relaxantes; así poderemos   afrontar este novo reto con forza, ilusión e moitas gañas. Para comezar con bo pe, un pouquiño de humor.
BENVIDOS/AS COMPAÑEIROS/AS!!!