lunes, 30 de junio de 2014

LENDAS

Un dos traballos que fixemos durante o curso foi unha recollida de lendas. A maoiría delas son sobre Forcarei. A ver que vos parecen ;invención ou realidade?

domingo, 29 de junio de 2014

VELLO COÑECIDO.

O venres, 13 de xuño, veu a visitarnos Xosé Liste, un vello coñecido da clase de 4º.Durante catro anos, traballamos un libro por curso da Editorial Santillana e, ao rematalo, sempre aparece Xosé para facer unha animación sobre el. Nesta ocasión, tocoulle a unha delicia titulada "Tras la pista del abuelo" de Alfredo Gomez Cerdá. Nel camiñamos da man de Valentina para averiguar cousas do seu avó e concienciámonos, aínda máis, de que temos un tesouro que debemos coidar e respectar.
Desde que tenía uso de razón, Valentina había visto al abuelo Valentín sentado en la butaca, con la mirada perdida. A veces ella le hablaba, pero el abuelo no se movía ni respondía a sus preguntas. ¿Qué podía hacer Valentina para descubrir cómo había sido en realidad la vida del abuelo? En una enorme caja de cartón va a encontrar la primera pista.
No que respecta a Liste non defraudou porque as actividades que propuxo foron a cada cal mellor. Ollade por vós mesmos.
Desta vez xa vos ofrecemos as crónicas da visita. Que completo!!!

sábado, 28 de junio de 2014

CRÓNICAS MARCELLE.

Coma sempre, "cronicamos" todo o acontecido, na clase e fora dela. A visita a Marcelle non ía ser menos.

jueves, 26 de junio de 2014

ENTREVISTANDO Á EXPERIENCIA (II)

Aqui vai a segunda entrega, non menos interesante, das emtrevistas aos avós. Poñédelle moita atención, seguro que aprendedes novas cousas.
Estas entrevistas están realizadas polos alumnos/as de 4º de Primaria. A presentación é obra única e exclusivamente deles; cada un fixo o traballo como quixo.

martes, 24 de junio de 2014

VISITA A MARCELLE.

O día 9 de xuño puxemos rumbo a Lugo para visitar" Marcelle Natureza". Este ano si que tivemos sorte co tempo e, aínda que non estivo de sol radiante e caeron unhas pinguiñas, puidemos gozar da excursión, dos animais e da natureza. Foi un  gran día!!!

lunes, 23 de junio de 2014

COMO A VIDA MESMA (XIX).

Hoxe, pecharemos a nosa sección semanal con motivo do verán, aínda que colgarei algunhas cousiñas pendentes. Para rematar este curso quero recorrer ao noso amigo Andrés Faro, que co seu humor nos fixo reflexionar sacándonos un sorriso.
Ogallá que os meus alumnos/as non se despidan nunca de min!!!
Felices vacacións!!!!


sábado, 21 de junio de 2014

ENTREVISTANDO Á EXPERIENCIA (I).

Hai unha cousa que temos moi clara : os avós son unhas persoas moi importantes as nosas vidas. Xa fixemos entrevistas de ficción con personaxes de contos  e agora chegou a hora da verdade. É o momento de ensinarvos as preguntas  e respostas de tan interesantes traballos xornalísticos.
Aquí vos queda a primeira entrega. Que sexa do voso agrado.
Estas entrevistas están realizadas polos alumnos/as de 4º de Primaria. A presentación é obra única e exclusivamente deles; cada un fixo o traballo como quixo.

viernes, 20 de junio de 2014

PALABRAS QUE RETRATAN.

Hoxe remata oficialmente o cole para os nenos/as coa entrega de notas e comeza un tempo estival de merecido descanso para todos. Como este mes foi moi intenso en traballo, para preparar o final de curso, e en actividades, nos próximos días irei colgando as cousiñas que había pendentes.
Comezo polos caligramas.
Como nos gusta tanto a poesía e as súas variantes, esta vez tocoulle o turno aos caligramas. Nesta presentación explícase o que son e deixase unha mostra como exemplo. Toda unha creación propia feita en castelán. Que sexan do voso agrado!!!

miércoles, 18 de junio de 2014

UN CONTRATO DE POR VIDA.


Xa sei que teño moitas cousiñas pendentes que subir ao blogue pero hoxe é un día especial  e isto corre máis présa.Na clase de 4º decidimos, por unanimidade, asinar un contrato que nos obriga  rememorar cada ano as mellores vivencias que recordemos destes dous primeiros ciclos de Primaria. O contrato chegará mañá á aula e esta será a entrada na que teredes que comentar este ano. Espero ansiosa o que teñades que dicir.

lunes, 16 de junio de 2014

NOVO PREMIO.

Está sendo unha semana moi intensa, polo traballo, as presas do final e porque desde Aula Tic, a nosa amiga Ana Martínez, nos agasalla con este marabilloso premio.
Teño que adicarllo a algúns dos blogues que sigo; o que vai ser difícil porque todos o merecen. Tendo que escoller estes son os elexidos:
- Os Pícaros de Vane, porque se algo sei facer neste mundo do blogue é grazas á profe Vane e as compañeiras que forman parte do claustro-blogue de "Un proxecto entre todos", que non recibiron o premio anterior que concedín(como era limitado): Mi cole al día, La clase de Miren e Mi grimorio escolar.

NORABOA A TODAS E GRAZAS A QUEN ME PREMIOU POR LEMBRARSE DE MIN.
UN PRACER.

viernes, 13 de junio de 2014

EXTRA;EXTRA!!! (V)

Pechamos  a nosa sección de entrevistas a personaxes de contos cunha  moi interesante, feita a un michiño moi valente e inxenioso. Facédesvos  unha idea de quen é?
Lede, lede!!!

Se cadra, non vos fixastes pero todas as entrevistas se fixeron nun sillón moi especial. Chegou fai un tempo á biblioteca como agasallo de Raquel , a mamá de Sabela e Alicia. 

Moitas grazas, Raquel, xa ves que lle sacamos partido.
Tamén grazas a nosa fotógrafa e asesora particular, profe Vane.

(Temos pendentes as entrevistas aos avós pero todo se andará).

jueves, 12 de junio de 2014

COLABORANDO!!!

Esta semana recibimos a chapa  de colaboradores de "Un proxecto entre todos"; deste xeito  queren recoñecer a axuda prestada polos blogues participantes neste traballo. O certo é  que pertencer a esta iniciativa é todo un agasallo, polo que se aprende e se comparte.
Foi todo un pracer ser aceptada polo grupo, e moi especialmente polo clautro-blogue.Grazas a Noelia, Miren ,Ana, Fini e Mireia por facerme  partícipe dunha gran experiencia.
SEGUIMOS COLABORANDO!!!
Premede sobre a chapa para visitar o proxecto.

miércoles, 11 de junio de 2014

DEPORTE ESCOLAR (IV)

O venres celebramos a gran festa do Deporte Escolar no pavillón de Forcarei. A cita , que congregou a varios coles da zona, como o de Soutelo de Montes, Cerdedo, A Raigosa  ou Ponte Caldelas e tamén o noso IES, ía celebrarse na Freixeira pero como o tempo non acompañou, leva bastantes meses sen facelo, tivemos que cambiar de emprazamento.
A entrega de medallas, que estivo presidida pola alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, foi todo un éxito porque todos os participantes obtiveron unha e a totalidade  das categorías recibiron a súa copa.
Parabéns, deportistas!!!



lunes, 9 de junio de 2014

COMO A VIDA MESMA (XVIII)

Anticipando un pouco as vacacións de verán, hoxe visita (de novo) a nosa sección, un vello coñecido, Andrés Faro. Na súa viñeta homenaxea aos  protagonistas do tempo estival; os avós.
Para que non sexan os grandes esquecidos, para que valoremos o que temos e que nos poden aportar e para que saibamos ser agradecidos; aquí queda  esta merecido recoñecemento.
GRAZAS AVÓS/AS!!!

jueves, 5 de junio de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE:

O Día Mundial do Medio Ambiente é un evento que se ven celebrando o 5 de xuño desde o ano 1973. Instaurado pola  Asemblea Xeral das Nacións Unidas ,no ano anterior, é un dos principais vehículos usados polas Nacións Unidas para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ao respecto.
Se queredes saber máis, aquí vos deixo un enlace ao Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente(PNUMA)
Clica na imaxe
Queredes saber cal é o país anfitrión das celebracións deste ano? Clica aquí.
E para disfrutar , unhas recopilacións de xogos sobre o tema:

Aquí vos deixo uns debuxos para colorear en Pinterest. Clicade sobre o logotipo.


miércoles, 4 de junio de 2014

OS BOMBEIROS ACONSELLAN...

O luns foi unha xornada realmente especial. Visitáronnos os bombeiros!!!
Os bombeiros de Santiago, en colaboración co Concello de Forcarei e Protección Civil, realizaron no noso cole unha xornada de prevención de riscos. Pero iso non foi todo, os alumnos/as e mestres do CEIP de Soutelo de Montes, compartiron con nós a mañá.

Comezamos a xornada cunha charla  do bombeiro Miguel sobre temas de prevención e despois visionamos un vídeo. Este que vos deixo aquí: "Los bomberos te aconsejan".
Xa pola tarde puidemos tirarnos na tirolina (os máis atrevidos/as), probar as mangueiras, os profes apagamos lumes e falamos de primeiros auxilios e para rematar.....Festa da escuma!!!!
Preme sobre a foto para ir á noticia.
Foi un día inesquecible que nos deixou moi bo sabor de boca e uns agasallos realmente especiais!!!
GRAZAS A TODOS!!!

martes, 3 de junio de 2014

EXTRA,EXTRA!!! (IV)

Nesta nova fornada de entrevistas coñeceremos máis en profundidade a un reporteiro cun inconfundible tupé e  unha elfa estrelada que vive moitas aventuras. Animádevos a lelas , están moi interesantes!!!

lunes, 2 de junio de 2014

COMO A VIDA MESMA (XVII).

Hoxe quero achegarvos, na nosa sección semanal, unha adaptación dun conto popular realizada por un vello coñecido, Eloy Moreno. Vennos que nin pintada porque nela aparecen os bombeiros, tema que temos moi recente. Agardo que  vos guste  e nos ensine algo a todos ; a calar para  evitar cortar alas, a non escoitar  determinados  consellos....cada un que saque a súa conclusión!!!