venres, 11 de abril de 2014

VERDE, QUE TE QUERO VERDE.


O  pasado mércores, dentro do ciclo de charlas "Son d´aquí " (organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega) visitou o noso centro Enrique Banet, presidente e promotor da Fundación Galicia Verde. Esta fundación é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como principal obxectivo o desenvolvemento rural sustentable.Pretende actuar como dinamizadora da actividade agrícola, gandeira,forestal e turística da comarca onde se instale; neste caso, en Leboso( Forcarei).
Enrique, centrou a súa intervención , en falarnos da agricultura ecolóxica e as súas vantaxes na nosa vida cotiá. Tamén nos invitou a o gran evento que se celebrará esta fin de semana en Leboso: a" 4º Feira de sementes e plantón ecolóxicos". Será o domingo día 13.

Maís información sobre a Fundación Galicia Verde premendo sobre a imaxe

2 comentarios:

  1. Seguro que disfrutaron moitísimo da visita e da charla. Unha aperta e a disfrutar dunhas merecidísimas vacacións.

    ResponderEliminar
  2. A charla encantoulles.Espero que ti tamén descanses moito. Biquiños.

    ResponderEliminar