martes, 31 de decembro de 2013

A VOLTAS CO PASADO(II).

A comezos deste curso falamos  da cápsula do tempo e do noso novo pothos (Polo de agora vive. A ver que nos atopamos cando voltemos das vacacións).
Nestas datas tan entrañables nas que nos pode a nostalxia,póñovos o vídeo onde se ve como  enterramos a cápsula.
Que tempos, verdade chicos!!!
(Grazas a Marta por gravarnos e á profe Vane por maquetarnos o vídeo.)

4 comentarios:

  1. Un bo momento para lembrar o pasado. Canta nostaslxia e cantos recordos!!! Unha grata sopresa que de seguro lle gustará as familias.

    ResponderEliminar
  2. Iso espero , profe. Foi un gran momento. Ogallá compartamos moitos máis iguais.

    ResponderEliminar
  3. Que momentos mais especiais e extraodinarios .Eu tamén espero compartir outro igual.E o primeiro no que me fixei foi que eramos mais con Ro, David e Adrián Mariño.O segundo foi o pelo da profe Anabel porque estaba liso e tamén me fixei en que non solo a profe cambiara de aspecto fisico senon que todos cambiamos un pouco.Que recordos...
    Diana.

    ResponderEliminar
  4. Pois si, Diana. Houbo cambios, uns para mellor (os físicos: estamos todos estupendos, jejeje) e outros regulares (perdemos na aula a tres compañeiros cos que compartir moitos momento) Esta é a vida. A sorte que tivemos foi que a perda quedou solo na aula, podemos velos e falar con eles de cando en vez(Adrián máis , que está no cole).Agora temos que crear novos recordos.

    ResponderEliminar